Conceptos chave
A saúde
O dereito a saúde é parte fundamental dos dereitos humanos e do que entendemos por unha vida digna.
A saúde ten lugar en tres escenarios conectados: a empresa, o fogar e a contorna social. En todos eles interactúan diversos factores que xeran impactos na saúde, de xeito que as actividades fora do traballo poden condicionar a saúde no traballo e viceversa.
A promoción da saúde no traballo
A contorna de traballo pode ser empregada para estimular hábitos e estilos de vida saudables que poden extenderse alén do marco laboral.
O posto de traballo pasa a ser como unha especie de trampolín dende o que se pode chegar a segmentos da poboación máis amplos que doutro xeito quedarína fora do esforzo por mellorar a saúde.
Promocionar a saúde no lugar de traballo, require do esforzo común de empresa, traballadores e sociedade no seu conxunto e comprende:
- Melloras na organización do traballo
- Melloras no entorno de traballo
- Fomentar a participación en actividades saudables
- Fomentar o desenvolvemento persoal
Vai máis aló dun mero cumprimento dos requisitos legais en prevención de riscos laborais; implica que as empresas contribúan de xeito activo á mellora da saúde e do benestar xeral dos seus traballadores.
Máis info sobre a promoción da saúde en xeral
Empresa saudable
A OMS considera a creación de entornos de traballo saudables como un imperativo ético e de responsabilidade empresarial: tratar aos empregados con respeto, non causarlles danos e desenvolver o seu potencial de saúde é “facer o correcto”. Pero ademáis, poden citarse outros dous argumentos de peso a favor dunha empresa saudable como son: produtividade e efectividade.
Pódese definir como empresa saudable, aquela na que os traballadores e a dirección colaboran na aplicación dun proceso de mellora continua para protexer e promover a saúde, a seguridade e o benestar de todo o personal e a sostenibilidade do lugar de traballo.
Nas empresas saudables, hai compromisos visibles da dirección pola aposta da saúde na toma de decisións e garantizandeo os recursos necesarios.
Modelo de plan de comunicación
A comunicación humana sempre é complexa. Pode implicar éxito ou fracaso, proximidade ou distancia, malos entendidos e supostos que moitas veces xeran ruido e complican o que se pretende transmitir ou o contacto que se persegue.
É importante ter en conta que no eido da saúde, os problemas poden ser maiores se se consideran algúns factores de orden cultural. Estos están moi presentes nas acción e procesos das organizacións e implican ás veces contratempos que poden evitarse se traballamos para a mellora dos procesos coa axuda da comunicación.
O obxectivo é incentivar axeitadamente unha cultura da saúde que conciencie ás persoas traballadoras respecto do seu coidado persoal.
Un bo traballo é aquel que ademais de evitar, mediante o control dos riscos laborais, que as persoas enfermen ou se lesionen por causa da súa actividade profesional, potencia e optimiza todos aqueles aspectos positivos capaces de mellorar o nivel de saúde de quen traballan nel.
|