A PRL parécese ás pegadas na area. As empresas van deixando mostra das accións e das medidas adoptadas no camiño cara unha empresa sana e segura.
A CEC tamén leva deixadas moitas pegadas na súa aposta pola defensa da saúde dentro das nosas organizacións. A iniciativa PRL 360º súmase a este percorrido, co lanzamento deste portal web para información e consulta sobre conceptos, recursos e ideas para xerar ambientes de traballo saudables.
Esta pegada é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, na súa aposta firme tamén polo fomento da prevención de riscos laborais no noso territorio.
A CEC ofrece con esta iniciativa varios produtos nos que se aposta por unha visión integral da saúde 360 º e que están dirixidos prioritariamente ás pequenas e medianas empresas, para que poñan en valor a aposta da saúde no eido laboral. Os distintos contidos elaborados constan de:
- Modelo de plan de comunicación para empresas saudables
- Recursos didácticos para a capacitación de toda persoa interesada na promoción da saúde nas organizacións
- Exemplos de iniciativas para a consulta e banco de ideas
- Infografías, videos e cartelería sobre a promoción da saúde
- Material publicitario e promocional da iniciativa
“Non ter traballo ou ter un mal traballo é perxudicial para a saúde. Un bo traballo axuda a vivir mellor e favorece o desenvolvemento persoal.”
Smith A et al. What is a good job? The relationship between work/working and improved health and wellbeing. REsearch Report 11. Leicestershire: IOSH, 2011.
Para o desenvolvemento desta iniciativa, empregáronse as seguintes fontes:
- Fonte das imaxes: pixabay.com
- Fonte da cartelería: canva.com
- Fonte da música empregada no video: /freemusicarchive.org/music/gillicuddy
|